TVE grava un axente antidisturbios advertindo os estudantes de Valencia de que "xa xogamos un anaco" e agora "non van ser carreiriñas"
Fálase
O deputado Joan Baldoví, de Compromís-Equo, confirma que foi golpeado pola Policía
A xornalista Anabel Díez, de El País, sinala que o deputado Joan Baldoví, de Compromís-Equo, recibiu "un porrazo" dos antidisturbios en Valencia
A Xunta remite ao Parlamento a proposta para que o debate de política xeral se celebre "a mediados" de marzo, como os dous anteriores
O xornalista Pablo Taboada localiza a imaxe dun axente antidisturbios agredindo á prensa nas manifestacións de Valencia
A crise do BNG cruza o charco: a militancia arxentina da formación nacionalista reunirase "en breve" para previsiblemente, segundo se desprende da nova publicada por Galicia en el Mundo, abandonar conxuntamente a organización.
José Luis Feito, directivo da CEOE, propón retirarlle o subsidio de desemprego a calquera persoa que rexeite unha oferta de traballo, aínda que esta sexa "en Laponia". En Deia.
Un xornalista do diario Las Provincias conta en directo a rolda de prensa do xefe superior de Policía de Valencia, quen asegura que "radicais" están a "manexar" os estudantes
A Cadena SER ofrece en directo as explicacións dun responsable policial en Valencia. "Tecnicamente, a Policía está obrigada a manter a legalidade; en todo momento se tentou reconducir as manifestacións ilegais pola vía pacífica, pero había interés en agravar o conflito", afirma.
Fotogalería das cargas policiais contra estudantes en Valencia. No diario El País