A Cadena SER ofrece en directo as explicacións dun responsable policial en Valencia. "Tecnicamente, a Policía está obrigada a manter a legalidade; en todo momento se tentou reconducir as manifestacións ilegais pola vía pacífica, pero había interés en agravar o conflito", afirma.
Fálase
Fotogalería das cargas policiais contra estudantes en Valencia. No diario El País
Atendendo ás fontes presenciais, xornalistas de Radio Nacional de España e La Vanguardia tamén foron golpeados polos antidisturbios en Valencia
Novas cargas dos antidisturbios contra os estudantes do instituto Lluís Vives, de Valencia. Houbo dez detidos e os mozos denuncian a "brutalidade" e "desproporción" da Policía. En Público.
O alcalde de Santiago compara o seu plan para levar o AVE ao aeroporto de Lavacolla co proxecto de Kennedy para chegar á Lúa. "Escollemos ir á Lúa non porque sexa doado, senón porque é difícil", asegura Gerardo Conde Roa.
O persoal de limpeza da USC protestou esta mañá na facultade compostelá de Xornalismo, onde se celebraba un acto do reitor. A CIG denuncia que, "ao igual que ocorreu a semana pasada na Casa da Balconada, a Policía estaba dentro da faculdade".
Alfonso Rueda que o PP de Galicia "incrementa o seu peso" na dirección estatal do partido e defende que o relatorio defendido por Feijóo potencia as linguas cooficiais.
Feijóo asegura, nunha visita a Retegal, que "nove de cada dez galegos teñen xa acceso pleno a Internet".
O plan de recortes aos funcionarios aprobarase no Parlamento por vía de urxencia. Quedará definitivamente aprobado o martes día 28 deste mes.
A Xunta resta importancia ao feito de que o delegado do Goberno galego en Ourense, Rogelio Martínez, acudise a un partido de fútbol a Madrid en plena vaga de lumes na provincia en outubro. Nunha resposta a unha pregunta escrita formulada polo socialista Lage Tuñas, a Xunta cre que a "breve ausencia" do delegado non supuxo un deterioro da coordinación dos servizos de emerxencia.