Unha imaxe curiosa de Moscova, capital de Rusia. Hoxe celébranse eleccións neste país, nas que Vladimir Putin aspira a tomar, de novo, os mandos do Goberno. A foto é de @russian_market
Unha imaxe curiosa de Moscova, capital de Rusia. Hoxe celébranse eleccións neste país, nas que Vladimir Putin aspira a tomar, de novo, os mandos do Goberno. A foto é de @russian_market
Un grupo de vinte militantes de Máis Galiza presenta unha proposta de resolución para que "+G siga a traballar dentro do BNG para lograr un novo marco de convivencia de tal xeito que, antes das próximas autonómicas, se logren avances serios, reais, públicos e verificábeis no sentido de sentido de asumir que no nacionalismo galego hai dous grandes proxectos e que, para conviviren na mesma organización, esta dualidade ten que se reflectir a todos os niveis". Este grupo de militantes demanda a construción dun novo proxecto político no BNG tendo en conta que a pasada asemblea "non serviu para pechar a crise" da formación.
Ampliaremos esta nova.
O BNG repartiu esta mañán en Vigo material informativo sobre a reforma laboral. Esta acción enmárcase dentro dos actos que está a levar a cabo a formación nacionalista contra a nova normativa do mercado de traballo e en preparación da folga xeral do 29 de marzo. Participaron Santi Domínguez Olveira, Carme Adán ou Olaia Fernández Davila
O candidato do Partido Popular á presidencia da Junta de Andalucía, Javier Arenas, estivo esta mañán en Jaén nun acto electoral. Rematou a súa intervención co berro "Viva la Virgen de la Cabeza!", tal e como contan xornalistas que estaban cubrindo o acto. O tweet enlazado é dun redactor de El País en Jaén
En Portugal tamén se ultiman os trámites, como en Galicia, para a folga xeral. A CGTP convocouna para o 22 de marzo, unha semana antes que a CIG. Esta é a nova que se fai eco do rexistro do paro xeral no ministerio de Emprego portugués.
Elena Espinosa, oficialmente candidata á secretaría xeral do PSdeG. Finaliza a súa presentación en Santiago
Elena Espinosa presenta, nestes momentos, a súa candidatura á secretaría xeral dos socialistas galegos. Iván Puentes, Modesto Pose, Beatriz Sestayo, Lage Tuñas, Carmela Silva e Abel Caballero están na presentación. A foto, de @xuventudes
El Periódico publica hoxe unha enquisa de intención de voto, segundo a cal o PP só perde dous puntos en intención de voto desde a vitoria do 20 de novembro. Os recortes, a suba de impostos ou a reforma laboral apenas abren unha fenda entre os votantes e a formación conservadora. Rubalcaba empeoraría, segundo a mesma enquisa, o seu resultado (110 deputados)
O chamado sector crítico do PSdeG empeza a 'traballar' nas redes sociais para defender a alternativa a Pachi Vázquez, papel que asumirá a exministra Elena Espinosa. Carmela Silva, número dous de Abel Caballero en Vigo, é unha das persoas que defende a alternativa. Modesto Pose xa usa o hastag #OPuñoeaRosaconEspinosa. Elena Espinosa presenta a súa candidatura ás 12:00 horas no hotel NH Obradoiro de Santiago, na Avenida Burgo das Nacións.
Os veciños da Graña, en Ferrol, están chamados a unha mobilización "en solidariedade coa veciñanza pechada no consultorio e pola Defensa e Promoción da Sanidade Pública", informou Ártabra 21. A convocatoria é para as 12:00 horas do mediodía. Os veciños levan días pechados no consultorio médico deste lugar ferrolán para exixir ao Sergas que se manteña aberto.