A A-8, cortada á altura de Mondoñedo por segundo día consecutivo a causa da néboa. Recólleo Europa Press
Fálase
A Axencia Tributaria reclámalles 100.000 euros a orquestras galegas por impagamentos do IVE. Recólleo El Progreso
Os aeroportos galegos tiveron 32 millóns de perdas en 2014, segundo informa La Voz
Eldiario.es analiza nunha reportaxe os efectos que a fin do embargo sobre Cuba pode ter na investigación científica cubana.
A Marea Atlántica amosa "preocupación" pola parálise do traspaso de poderes na Coruña. Recólleo Radio Coruña
PP e PSOE estarían ubicados nun empate técnico cara ás xerais, mentres Podemos descende levemente e Ciudadanos perde sete puntos despois das municipais. Indícao unha sondaxe de Metroscopia para El País.
O Goberno central agarda executar o recorte á lei do aborto dentro de dous meses. Segundo o ministro de Xustiza, Rafael Catalá, limitar a interrupción do embarazo ás mozas de 16 e 17 anos protexe "a familia e a infancia". Recólleo El Diario
AGEe celebra ao longo de todo o día en Santiago unha xornada sobre a auga como dereito humano, onde se analiza a importancia da xestión pública dos recursos hídricos.
O PP ofrécelle a alcaldía de Moaña ao PSdeG, onde é terceira forza, para evitar un goberno de coalición liderado polo BNG. Os conservadores xa lanzaran unha oferta moi semellante en Rianxo, onde continuará o alcalde do Bloque. Recólleo Faro de Vigo
Boa parte da prensa de tiraxe estatal leva á primeira páxina o reproche de Rajoy ao PSOE por pactar co que denomina "extrema esquerda". Pódense consultar en Kiosko.net