O Goberno central agarda executar o recorte á lei do aborto dentro de dous meses. Segundo o ministro de Xustiza, Rafael Catalá, limitar a interrupción do embarazo ás mozas de 16 e 17 anos protexe "a familia e a infancia". Recólleo El Diario

O Goberno central agarda executar o recorte á lei do aborto dentro de dous meses. Segundo o ministro de Xustiza, Rafael Catalá, limitar a interrupción do embarazo ás mozas de 16 e 17 anos protexe "a familia e a infancia". Recólleo El Diario
AGEe celebra ao longo de todo o día en Santiago unha xornada sobre a auga como dereito humano, onde se analiza a importancia da xestión pública dos recursos hídricos.
O PP ofrécelle a alcaldía de Moaña ao PSdeG, onde é terceira forza, para evitar un goberno de coalición liderado polo BNG. Os conservadores xa lanzaran unha oferta moi semellante en Rianxo, onde continuará o alcalde do Bloque. Recólleo Faro de Vigo
Boa parte da prensa de tiraxe estatal leva á primeira páxina o reproche de Rajoy ao PSOE por pactar co que denomina "extrema esquerda". Pódense consultar en Kiosko.net
Educación asegura que o seu novo modelo de préstamo e axudas parciais garante libros de texto a todo o alumnado. A Consellería carga contra as ANPAS, que esixen a volta ao modelo de préstamo universal que o actual goberno eliminou. Recólleo Faro de Vigo
Feijóo únese a Louzán para pedirlle un pacto ao BNG que lle permita ao PP seguir gobernando a Deputación de Pontevedra. O Bloque reitera a súa negativa a pactar cos conservadores.
A corrente Abrente pide ao BNG que non exclúa aos non nacionalistas dunha candidatura galega ás xerais. O grupo afín a Carlos Aymerich pide ao Bloque que "participe e apoie a conformación dunha candidatura unitaria", tal e como fixera o ex voceiro da formación nacionalista nun artigo de opinión.
Tsipras pide unha "solución integral" e non só un acordo sobre a débeda e recoñece a "considerable distancia" que o goberno heleno mantén cos acredores. "Propóñennos medidas extremas, pero Grecia xa sufriu dabondo nestes cinco anos", di.
O presidente portugués condecorará a Feijóo o Día de Portugal pola promoción da lingua portuguesa que deriva da Lei Paz Andrade. Cavaco imporalle ao presidente da Xunta a Gran Cruz do Infante Don Henrique, segundo indica a Presidencia da República nun comunicado.
Un de cada dez nenos en España vive en pobreza crónica, segundo un estudo de La Caixa. Son 840.000 cativos para os que a fundación pide que se activen axudas familiares.