Un de cada dez nenos en España vive en pobreza crónica, segundo un estudo de La Caixa. Son 840.000 cativos para os que a fundación pide que se activen axudas familiares.
Fálase
Garzón chama a todas as "forzas sociais e políticas" a construír a unidade popular para as xerais. O candidato de IU di que iniciará unha rolda de contactos con Beiras, Pablo Iglesias e López de Uralde para conseguir unha candidatura conxunta.
O ex director dos museos científicos da Coruña, Ramón Núñez Centella, citado como imputado no caso Pokémon por presunto tráfico de influencias. Terá que declarar o vindeiro día 14, segundo avanza La Voz.
O DOG publica a situación patrimonial de Jesús Vázquez e Elena Muñoz ao deixaren de ser conselleiros e mais a dos seus substitutos en Educación e Facenda, Román Rodríguez e Valeriano Martínez
A Xunta négase a reubicar o alumnado da escola infantil que Abanca vai pechar no barrio lucense do Sagrado Corazón. Recólleo La Voz
Feijóo defende os peches de camas do Sergas no verán porque só son pechadas, "non desaparecen". Recólleo La Voz
Feijóo evita aclarar se marchará ao Goberno central ou á dirección do PP se Rajoy llo pide e limítase a afirmar que a súa "ambición" é ser presidente da Xunta. Recólleo Europa Press na súa web.
O PSdeG lamenta o "ridículo da TVG" por non emitir a final entre COB e Breogán polo ascenso á ACB. Os socialistas esixiranlle "explicacións" á dirección xeral da CRTVG a través da deputada Concepción Burgo, que lembra que "o derradeiro partido" da final "rexistrou 516.000 usuarios únicos" que o seguiron por streaming.
A Xunta comeza a aplicar a lei que permite deixar de publicar os datos de listas de espera cada 3 meses e facelo só cada 6. É a mesma norma que facilita o trasvase de pacientes do Sergas á sanidade privada. Recólleo Faro de Vigo
Louzán insta o BNG a "reflexionar, non ser excluínte, facerse adulto" para pactar co PP na Deputación de Pontevedra. "Nin o PP nin o BNG somos os mesmos que os da transición, hai que actualizarse permanentemente", argumenta o barón provincial dos conservadores para reclamar un acordo que o Bloque xa rexeitou.