A Xunta négase a reubicar o alumnado da escola infantil que Abanca vai pechar no barrio lucense do Sagrado Corazón. Recólleo La Voz
Fálase
Feijóo defende os peches de camas do Sergas no verán porque só son pechadas, "non desaparecen". Recólleo La Voz
Feijóo evita aclarar se marchará ao Goberno central ou á dirección do PP se Rajoy llo pide e limítase a afirmar que a súa "ambición" é ser presidente da Xunta. Recólleo Europa Press na súa web.
O PSdeG lamenta o "ridículo da TVG" por non emitir a final entre COB e Breogán polo ascenso á ACB. Os socialistas esixiranlle "explicacións" á dirección xeral da CRTVG a través da deputada Concepción Burgo, que lembra que "o derradeiro partido" da final "rexistrou 516.000 usuarios únicos" que o seguiron por streaming.
A Xunta comeza a aplicar a lei que permite deixar de publicar os datos de listas de espera cada 3 meses e facelo só cada 6. É a mesma norma que facilita o trasvase de pacientes do Sergas á sanidade privada. Recólleo Faro de Vigo
Louzán insta o BNG a "reflexionar, non ser excluínte, facerse adulto" para pactar co PP na Deputación de Pontevedra. "Nin o PP nin o BNG somos os mesmos que os da transición, hai que actualizarse permanentemente", argumenta o barón provincial dos conservadores para reclamar un acordo que o Bloque xa rexeitou.
#ConsellodaXunta A futbolista Verónica Boquete é unha das galardoadas coa Medalla Castelao 2015. O Consello da Xunta concédellela tamén ao locutor radiofónico Pepe Domingo Castaño, á produtora Vaca Films e á Rede Galega contra a Trata e ao catedrático Carlos Fernández-Novoa.
A mobilización logra frear 48 horas o derrubamento dunha casa familiar en Reza (Ourense), onde director de obra enviado polo Concello renunciou a exercer este labor. O Colexio de Xornalistas denuncia que a Policía Nacional impedise o labor da prensa na zona, o que considera un "ataque frontal á liberdade de información".
O Constitucional pecha as portas ao recurso contra a derruba do edificio Fenosa na Coruña. Rexeita admitir a trámite o recurso de amparo solicitado polo Concello, última fase xudicial á que se podía recorrer.
Veciños de Reza, en Ourense, tratan de impedir a derruba da casa de Rosa Alonso, que foi declarada ilegal por estra construída en "solo non urbanizable ou rústico sen licenza". Varios antidisturbios vixían a zona. Fotografía de @martinhodominho.