Veciños de Reza, en Ourense, tratan de impedir a derruba da casa de Rosa Alonso, que foi declarada ilegal por estra construída en "solo non urbanizable ou rústico sen licenza". Varios antidisturbios vixían a zona. Fotografía de @martinhodominho.

Veciños de Reza, en Ourense, tratan de impedir a derruba da casa de Rosa Alonso, que foi declarada ilegal por estra construída en "solo non urbanizable ou rústico sen licenza". Varios antidisturbios vixían a zona. Fotografía de @martinhodominho.
A Confederación de Anpas Galegas lamenta a "irresponsabilidade" da Xunta no novo sistema de préstamo parcial de libros de texto, porque non garante libros para todo o alumnado que o precise e introduce unha ampla confusión burocrática. Así funciona o novo modelo
Mona Imai e Alejandro Tobar gañan a XIV edición do Premio Plácido Castro de Tradución. A xaponesa Mona Imai concorreu cunha tradución da novela Botchan, de Natsume Soseki. Alejandro Tobar foi recoñecido pola tradución de O forasteiro misterioso, de Mark Twain,
O candidato da Marea de Noia, Manolo Seijas, denuncia que sufriu un intento de suborno para que a súa formación apoiase a formación dun goberno liderado polo PP. Os votos da Marea facilitarán a chegada do PSdeG-PSOE á alcaldía.
Os reitores das tres universidades galegas esixen unha mellora do financiamento, nas negociacións sobre o plan económico 2016-2020, que están levando a cabo coa Xunta. Pola contra, o Goberno galego baralla conxelar ata o 2020 os seus fondos, uns 390 millóns de euros, cantidade que non aumenta dende 2013. Vigo e Santiago apostan por incrementar o reparto de fondos en función dos resultados, un criterio que A Coruña rexeita.
Perruqueiros e perruqueiras de toda Galicia manifestáronse este mércores para demandar unha rebaixa do IVE que ten que pagar esta actividade, un 21%, e esixir unha rebaixa ao 10%. Denuncian que dende o incremento da taxa, hai tres anos, o sector perdeu 34 mil empregos en toda España.
O COB Ourense busca os 3,5 millóns de euros que debe entregar antes do día 14 para poder militar o ano que vén na ACB. Desa cantidade, un millón de euros é a fondo perdido.
O PP deixa sen contratar os Fogos do Apóstolo e deixaralle ao goberno de Compostela Aberta apenas un mes de marxe de manobra para facelo. No entanto, deixa comprometido parte do orzamento en materia social. Cóntao a Cadena SER
O PSdeG de Lugo afirma que manterá a Orozco aínda que "supoña que goberne o PP" e acusa a Feijóo de "intoxicar" por afirmar na cidade que o actual alcalde en funcións prevé marchar ao Senado. Cóntao El Progreso
Ada Colau rexeita unirse á folla de ruta soberanista, tal e como lle exixía ERC para pactar un goberno en Barcelona. A líder de BCN en Comú di que a súa formación está preparada para gobernar en minoría.