O COB Ourense busca os 3,5 millóns de euros que debe entregar antes do día 14 para poder militar o ano que vén na ACB. Desa cantidade, un millón de euros é a fondo perdido.
Fálase
O PP deixa sen contratar os Fogos do Apóstolo e deixaralle ao goberno de Compostela Aberta apenas un mes de marxe de manobra para facelo. No entanto, deixa comprometido parte do orzamento en materia social. Cóntao a Cadena SER
O PSdeG de Lugo afirma que manterá a Orozco aínda que "supoña que goberne o PP" e acusa a Feijóo de "intoxicar" por afirmar na cidade que o actual alcalde en funcións prevé marchar ao Senado. Cóntao El Progreso
Ada Colau rexeita unirse á folla de ruta soberanista, tal e como lle exixía ERC para pactar un goberno en Barcelona. A líder de BCN en Comú di que a súa formación está preparada para gobernar en minoría.
Publico debulla, a través dunha filtración de Wikileaks, as negociacións que 50 países de todo o planeta (entre eles EE.UU. e os 28 da UE) levan a cabo para aprobar un acordo de liberalización do comercio de servizos (TiSA) co obxectivo de pasar por riba das regulacións e normativas estatais e parlamentarias.
Compostela Aberta e o BNG manteñen o primeiro encontro sobre a gobernabilidade do Concello de Santiago cara á investidura do vindeiro día 13. Este xoves a plataforma que encabeza Martiño Noriega terá un encontro co PSdeG local. (imaxe: BNG Santiago)
El Diario entrevista a Manuela Carmena: "Imos ir aos bancos a dicirlles: queremos garantir o dereito á vivenda"
Un neno de seis anos ao que os seus pais decidiran non vacinar, primeiro caso de difteria en España nos últimos 30 anos. Atópase en estado moi grave.
Ames Novo proponlles a Contigo Pódese e BNG formar na vila "un goberno de cambio, un goberno cidadán". As tres formacións conseguiron un 41% dos apoios o 24M, superando con claridade os obtidos polo PSdeG-PSOE, que foi a segunda forza máis votada tralo PP
A asemblea aberta celebrada polo BNG en Lugo este martes descarta facilitarlle a alcaldía a Orozco. A formación afirma que os seus votos non van servir para a investidura dun imputado.