Facenda mantén que a normativa "permite perfectamente" que NGB siga soa. Así o asegura a conselleira Muñoz nunha entrevista en Europa Press.
Fálase
O Comité Federal do PSOE ratifica a candidatura de Pachi Vázquez para as eleccións galegas do 21 de outubro. Aprobou tamén a de Patxi López á lehendakaritza.
Extinguido o lume forestal rexistrado no concello de Manzaneda. O incendio tería queimado preto de 30 hectáreas, segundo informa a Xunta.
O PP revalidaría a maioría absoluta en Galicia, segundo unha enquisa de La Voz. O PSdeG perdería un escano, o BNG tres e a coalición Alternativa Galega lograría 3 deputados. A abstención alcanzaría o 44%.
Merkel comprométese a impedir a saída de Grecia do euro. Segundo Der Spiegel, a chanceler quere evitar o contaxio da situación grega a outros países europeos.
O Santiago Futsal perde (1-4) ante o Inter na semifinal da Supercopa de España de fútbol sala que se está a celebrar na Coruña.
Activo un incendio en Manzaneda que xa queimou máis de 20 hectáreas. O lume comezou, preto das tres da tarde, na parroquia de Soutipedre, segundo informa a Xunta.
UPyD elixe a José Canedo Santos como candidato á Xunta, tras o proceso de primarias celebrado este sábado en Santiago. O próximo 15 de setembro presentarán as listas en Pontevedra.
Compromiso por Galicia carga contra Beiras e Esquerda Unida. Acusa o líder de Anova de estar "obsesionado" co número un das listas e a EU de "xulgar" a súa posición política sen escoitala, logo de que non entrase na coalición electoral. Máis información, esta tarde en Praza.
Caamaño encabeza a lista do PSdeG pola Coruña, da que quedan fóra Lage Tuñas ou Méndez Romeu.