A petición online para solicitarlle á UNESCO que non atenda a petición do Goberno español para declarar as touradas como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade suma máis de 222 mil sinaturas.
Fálase
O Lugo cae derrotado na casa ante o Sporting de Xixón (1-3), no partido estrela da xornada na División de Prata.
O Ministerio de Fomento confirma que "non haberá" Eixe Atlántico ferroviario até Ferrol debido a que "a viabilidade económica da actuación a curto prazo non se viu confirmada", segundo subliña nunha resposta a unha pregunta formulada no Congreso polo BNG.
Economistas sin Fronteras publican en El Diario "Unha radiografía económica dos dous primeiros anos de Goberno de Rajoy", analizando 16 grandes indicadores económicos, no que se observa como na primeira metade da lexislatura de Rajoy melloraron aqueles que apenas tocan a política económica local, coma a prima de risco ou a bolsa
O naval galego esixe non ser "moeda de cambio" no conflito entre Pemex e Repsol, que este mércores celebra un consello de administración que pode marcar o futuro dos floteis. Dende México afírmase que "Pemex non ten présa" por resolver un "contrato que non deixa de ser menor"
Irán chega a un acordo con Estados Unidos, Francia, Alemaña, Reino Unido, China e Rusia para a conxelación das actividades nucleares e a eliminación do uranio enriquecido ao 20% a cambio da suavización de sancións económicas
El Diario entrevista a El Gran Wyoming, que vén de publicar o libro No estamos locos: "En Europa desprezan a Rajoy porque saben que é corrupto e mente, pero acéptano porque é dócil"
O Celta cae derrotado en Anoeta ante a Real Sociedade (4-3), despois de ir gañando 1-3. Rafinha (2), e Alex López marcaron polos celestes e Carlos Vela anotou os catro goles locais
Unha manifestación percorrerá as rúas de Pontevedra a partir das 19.30 horas, convocada pola Plataforma 2018, para demandar a saída de Ence e Elnosa do seu actual emprazamento en Lourizán. A marcha partirá da Praza da Ferreiría.
Paradis perdu, premio á Mellor Película e Mellor Intérprete do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF). El Rayo, premio especial do xurado, e Innocents, premio ao Mellor Guión