Irán chega a un acordo con Estados Unidos, Francia, Alemaña, Reino Unido, China e Rusia para a conxelación das actividades nucleares e a eliminación do uranio enriquecido ao 20% a cambio da suavización de sancións económicas
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5291c149d50fa-2013112434658680734_20.jpg)
Irán chega a un acordo con Estados Unidos, Francia, Alemaña, Reino Unido, China e Rusia para a conxelación das actividades nucleares e a eliminación do uranio enriquecido ao 20% a cambio da suavización de sancións económicas
El Diario entrevista a El Gran Wyoming, que vén de publicar o libro No estamos locos: "En Europa desprezan a Rajoy porque saben que é corrupto e mente, pero acéptano porque é dócil"
O Celta cae derrotado en Anoeta ante a Real Sociedade (4-3), despois de ir gañando 1-3. Rafinha (2), e Alex López marcaron polos celestes e Carlos Vela anotou os catro goles locais
Unha manifestación percorrerá as rúas de Pontevedra a partir das 19.30 horas, convocada pola Plataforma 2018, para demandar a saída de Ence e Elnosa do seu actual emprazamento en Lourizán. A marcha partirá da Praza da Ferreiría.
Paradis perdu, premio á Mellor Película e Mellor Intérprete do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF). El Rayo, premio especial do xurado, e Innocents, premio ao Mellor Guión
Máis de dez mil persoas, convocadas polo Cumio Social e Marea Cidadá, maniféstanse en Madrid contra as políticas do Goberno, a reforma laboral e das pensións
Compromiso por Galicia anuncia que iniciará contactos co PNV de cara ás eleccións europeas. A formación celebrará o vindeiro 25 de xaneiro unha Convención Nacional aberta a simpatizantes para adoptar a decisión final sobre a candidatura.
Greenpeace escala un edificio en Madrid para despregar unha faixa contra a Lei de Seguridade Cidadá
Centos de persoas maniféstanse a estas horas nas marchas convocadas polo Cumio Social en varias cidades galegas contra as políticas do Goberno do Partido Popular e da troica, e pedindo a dimisión do Executivo. Na imaxe, a convocatoria de Vigo
Carballo e Zas debaterán este luns senllas mocións para prohibir as tecnoloxías mineiras con base no cianuro e declarar a prevalencia dos usos gandeiros, agrícolas e forestais sobre os mineiros.