Greenpeace escala un edificio en Madrid para despregar unha faixa contra a Lei de Seguridade Cidadá
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5290b1af81db5-pancarta-greenpeace-edificio-madrid-cintiahica_ediima20131123_0152_13.jpg)
Greenpeace escala un edificio en Madrid para despregar unha faixa contra a Lei de Seguridade Cidadá
Centos de persoas maniféstanse a estas horas nas marchas convocadas polo Cumio Social en varias cidades galegas contra as políticas do Goberno do Partido Popular e da troica, e pedindo a dimisión do Executivo. Na imaxe, a convocatoria de Vigo
Carballo e Zas debaterán este luns senllas mocións para prohibir as tecnoloxías mineiras con base no cianuro e declarar a prevalencia dos usos gandeiros, agrícolas e forestais sobre os mineiros.
Rafael Hernando, portavoz adxunto do PP no Congreso, afirma en televisión que os familiares das vítimas do franquismo "só lembraron o seu pai cando houbo subvencións".
Unha persoa, procedente de Senegal, morreu desangrada en 2009 por cortes co arame de coitelas da valla de Ceuta. Rubalcaba afirma que retirou en 2007 as coitelas, pero en Ceuta deixaron as máis perigosas
A tía da muller desafiuzada por unhas monxas legoulle o piso á congregación relixiosa só 48 horas antes de morrer
O Goberno central demanda a Sogama para que devolva 11 millóns de euros por primas. A Avogacía Xeral do Estado acode ao TSXG pola decisión da Xunta de converter o complexo en 2011 nunha termoeléctrica ao 100%. A Xunta reta os alcaldes críticos a saír de Sogama antes de marzo
O Tribunal do Mar ordénalle a Rusia que libere os activistas de Greenpeace, retidos dende setembro por protestar contra a petroleira Gazprom no Ártico
A Confederación Española da Policía culpa a un mando policial das Unidades de Intervención Policial das feridas sufridas por cinco axentes antidisturbios na carga contra a manifestación estudantil deste xoves en Vigo. "Os policías víronse abocados a cumprir unhas ordes incoherentes e imprecisas" dun responsable do dispositivo que "chegado o momento dos disturbios, eludiu toda responsabilidade, abandonando os seus homes á súa sorte”, din nun comunicado.
Los Suaves conmemoran a súa Xira dos Mil Concertos cun álbum de luxo que inclúe dous dvd, un cd e un libro.