A tía da muller desafiuzada por unhas monxas legoulle o piso á congregación relixiosa só 48 horas antes de morrer
Fálase
O Goberno central demanda a Sogama para que devolva 11 millóns de euros por primas. A Avogacía Xeral do Estado acode ao TSXG pola decisión da Xunta de converter o complexo en 2011 nunha termoeléctrica ao 100%. A Xunta reta os alcaldes críticos a saír de Sogama antes de marzo
O Tribunal do Mar ordénalle a Rusia que libere os activistas de Greenpeace, retidos dende setembro por protestar contra a petroleira Gazprom no Ártico
A Confederación Española da Policía culpa a un mando policial das Unidades de Intervención Policial das feridas sufridas por cinco axentes antidisturbios na carga contra a manifestación estudantil deste xoves en Vigo. "Os policías víronse abocados a cumprir unhas ordes incoherentes e imprecisas" dun responsable do dispositivo que "chegado o momento dos disturbios, eludiu toda responsabilidade, abandonando os seus homes á súa sorte”, din nun comunicado.
Los Suaves conmemoran a súa Xira dos Mil Concertos cun álbum de luxo que inclúe dous dvd, un cd e un libro.
O xuíz Ruz confirma a contabilidade B no PP polo pago das obras da súa sede en Génova.
A enerxía eólica cubriu máis do 20% da demanda eléctrica de xaneiro a outubro, moi por riba da producida polo carbón (14,7%) e moi preto da nuclear (21,7%). As enerxías renovables sumaron en conxunto o 40% da produción total.
O PP segue agochándose detrás da xestión de Zapatero, máis de dous anos despois da súa vitoria electoral. Lanzan unha web na que critican a "herdanza recibida" e fan balance da primeira metade da lexislatura sen realizar autocrítica ningunha.
ERC gañaría hoxe as eleccións catalás e o 55% da poboación votaría a favor da independencia, segundo unha enquisa do CEO.
AGE pide revisar ou extinguir o contrato de Sogama e reproba a actitude do seu presidente, ao que cualifica de "hooligan" e a quen lle recorda que "se debe a todos os galegos".