Los Suaves conmemoran a súa Xira dos Mil Concertos cun álbum de luxo que inclúe dous dvd, un cd e un libro.
Fálase
O xuíz Ruz confirma a contabilidade B no PP polo pago das obras da súa sede en Génova.
A enerxía eólica cubriu máis do 20% da demanda eléctrica de xaneiro a outubro, moi por riba da producida polo carbón (14,7%) e moi preto da nuclear (21,7%). As enerxías renovables sumaron en conxunto o 40% da produción total.
O PP segue agochándose detrás da xestión de Zapatero, máis de dous anos despois da súa vitoria electoral. Lanzan unha web na que critican a "herdanza recibida" e fan balance da primeira metade da lexislatura sen realizar autocrítica ningunha.
ERC gañaría hoxe as eleccións catalás e o 55% da poboación votaría a favor da independencia, segundo unha enquisa do CEO.
AGE pide revisar ou extinguir o contrato de Sogama e reproba a actitude do seu presidente, ao que cualifica de "hooligan" e a quen lle recorda que "se debe a todos os galegos".
Galicia terá 147 mil habitantes menos no ano 2022, segundo as proxeccións publicadas hoxe polo INE. Este descenso do 5,3% é semellante ao que se rexistrará no conxunto de España (5,6%). Prevese que o saldo vexetativo sexa negativo (entre 10 e 16 mil persoas por ano) e tamén o migratorio (entre dúas e catro mil persoas por ano).
Crean unha petición en change.org para que AOL libere o código de Winamp para facelo open source. Porén, dise que Microsoft podería estar interesada en mercar Winamp.
A Xunta retirará fondos aos alcaldes insubmisos ao canon de Sogama, segundo conta El País. Feijóo prevé incluír unha disposición nos Orzamentos para sancionar os concellos que non paguen a factura do lixo.
Xa se pode ver integramente a entrevista que Galiza Ano Cero lle fixo a Pablo Iglesias, politólogo e presentador de La Tuerka, cando hai unhas semanas estivo na Coruña.