Xa se pode ver integramente a entrevista que Galiza Ano Cero lle fixo a Pablo Iglesias, politólogo e presentador de La Tuerka, cando hai unhas semanas estivo na Coruña.
Fálase
Google España paga máis dun millón de euros a Amancio Ortega polo aluguer da súa oficina en Madrid. O buscador ten a súa sede na torre Picasso de Madrid, pola que o fundador de Inditex pagara 400 millóns.
Google homenaxea no seu doodle de hoxe o Doutor Who, no seu 50 aniversario. Nun elaborado xogo, pídesenos que recuperemos as letras de google, roubadas por un Dalek
O Parlament de Cataluña pedirá ao Estado convocar un referendo consultivo. Así se tira do borrador do acordo que negocian CiU, ERC, ICV e CUP, que foi filtrado e que sería presentado o 4 de decembro.
A Asociación Española de Abogados Cristianos querélase contra Femen por "exhibicionismo" e denuncia que "denigran a muller"
O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, condenado por retirar en decembro do 2012 unhas faixas que a CIG colocara na rúa en defensa dos postos de traballo do parador de Monterrei
Pemex condiciona as súas adxudicacións a España, entre elas os floteis para os estaleiros galegos, a que Antonio Brufau abandone a presidencia de Repsol, destaca Faro de Vigo. Cos adiamentos do concurso gaña tempo para que se cumpran as súas peticións. Repsol pasa á ofensiva e denuncia a alianza con Pemex, segundo El Confidencial.
El Diario debulla como serán as primarias do PSOE. Todo apunta a que se celebrarán en outono de 2014 e os prazos do proceso non durarán menos de tres meses. Custará dous euros poder votar.
A Universidade de Vigo celebra o éxito do lanzamento do Humsat-D, que xa opera con normalidade trala súa posta en órbita. “O ocorrido hoxe confirma que o éxito acadado hai ano e medio co Xatcobeo non foi unha casualidade”, asegurou José Antonio Vilán, vicerreitor de Transferencia do Coñecemento, que avanza que o vindeiro ano lanzarase outro satélite
A Fundación FAES leva máis de medio millón de euros nunha subvención a cargo do orzamento de Cooperación Internacional. Galiza Sempre, dependente do BNG, ten unha asignación de pouco máis de 2.000 euros. Cóntao El BOE nuestro de cada día