A Fundación FAES leva máis de medio millón de euros nunha subvención a cargo do orzamento de Cooperación Internacional. Galiza Sempre, dependente do BNG, ten unha asignación de pouco máis de 2.000 euros. Cóntao El BOE nuestro de cada día
Fálase
Sete meses de cárcere para Sánchez-Gordillo e Diego Cañamero por ocupar a finca militar de Las Turquillas
AteakIreki, o medio dixital navarro que foi pechado hai uns días pola Audiencia Nacional, difunde un vídeo en galego no que explican as razóns do peche e denuncia o que considera un ataque á liberdade de expresión. Abriron un blog para recibir achegas e apoios. #AteakIrekiAurrera
O alcalde de Beade retirará o retrato de Franco do seu despacho: "eu son consciente das cousas e sei que non teño que poñer esas cousas así que estará o que teña que estar e nada máis"
Rajoy asegura non saber se as coitelas do valado de Melilla lle poden facer dano ás persoas. El Diario analízao no seu espazo Desalambre
Rajoy encarga a Báñez unha lei de servizos mínimos que limitaría os efectos das folgas. Pretende facer compatible "a folga e a liberdade", dixo o presidente do Goberno nunha entrevista.
#consellodaxunta A Xunta recorrerá a sentenza do Prestige pola "falta de responsabilidade económica" no ditame. Toda a información, hoxe en Praza.
#consellodaxunta O Consello aproba unha "estratexia de familias numerosas" dotado con 30 millóns de euros para protexelas das "inclemencias" da crise, di Feijóo.
O Comite de Persoas con Discapacidade súmase ás organizacións que reclaman a retirada do programa Entre todos, de TVE, por "proxectar unha imaxe ofensiva das persoas con discapacidade". Previamente, colectivos profesionais do ámbitos social xa esixiran a fin deste espazo por fomentar a "beneficencia televisada".
O picosatelite Humsat-D, desenvolvido pola Universidade de Vigo, xa está en órbita. Foi lanzado ás 8.10 da mañá dende Rusia e ao mediodía os responsables do proxecto explicarán dende o campus vigués os detalles do lanzamento e o estado do aparello