O Comite de Persoas con Discapacidade súmase ás organizacións que reclaman a retirada do programa Entre todos, de TVE, por "proxectar unha imaxe ofensiva das persoas con discapacidade". Previamente, colectivos profesionais do ámbitos social xa esixiran a fin deste espazo por fomentar a "beneficencia televisada".
Fálase
O picosatelite Humsat-D, desenvolvido pola Universidade de Vigo, xa está en órbita. Foi lanzado ás 8.10 da mañá dende Rusia e ao mediodía os responsables do proxecto explicarán dende o campus vigués os detalles do lanzamento e o estado do aparello
Winamp pechará o seu proxecto o vindeiro 20 de decembro despois de 15 anos de historia. Durante anos foi a alternativa máis estendida ao Windows Media Player.
Dereitos Civís critica as cargas policiais rexistradas este mércores en Vigo, "onde os axentes non foron capaces de manter unha actitude á altura das circunstancias". A entidade sinala que "non se pode xustificar unha actuación indiscriminada e neglixente contra os participantes dunha manifestación en base a que esta foi rebentada por un grupo de 'violentos'"
Rajoy anuncia unha lei de servizos mínimos que podería limitar o dereito a folga. Así o anunciou nunha entrevista en RNE na que non descarta novos axustes.
Navantia declárase "non viable" e podería suprimir centros e cadro de persoal. Así o asegura o plan de viabilidade até 2018, segundo conta La Voz de Galicia.
Detectan que o vídeo promocional do congreso das Nuevas Generaciones do PP garda un gran parecido con outro, elaborado en 2012 pola produtora Mapa de Tramas, sobre as persoas que se dedican ao mundo da publicidade.
O Ministerio do Interior encomendoulle a un antigo mando dos antidisturbios a reforma da Lei de Seguridade Cidadá. En El Diario
O bosquexo da Lei de Seguridade Cidadá inclúe cuantiosas multas por alterar unha misa, segundo El Confidencial
A Fegamp reclama que a suba do canon de Sogama se realice en varios prazos e pide máis transparencia na empresa pública. En Faro de Vigo