Navantia declárase "non viable" e podería suprimir centros e cadro de persoal. Así o asegura o plan de viabilidade até 2018, segundo conta La Voz de Galicia.
Fálase
Detectan que o vídeo promocional do congreso das Nuevas Generaciones do PP garda un gran parecido con outro, elaborado en 2012 pola produtora Mapa de Tramas, sobre as persoas que se dedican ao mundo da publicidade.
O Ministerio do Interior encomendoulle a un antigo mando dos antidisturbios a reforma da Lei de Seguridade Cidadá. En El Diario
O bosquexo da Lei de Seguridade Cidadá inclúe cuantiosas multas por alterar unha misa, segundo El Confidencial
A Fegamp reclama que a suba do canon de Sogama se realice en varios prazos e pide máis transparencia na empresa pública. En Faro de Vigo
Interceptan un xefe da policía autonómica conducindo un coche oficial baixo os efectos do alcol. Cóntao El País
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, e o seu antecesor, Gerardo Conde Roa, volven estar imputados por suposta persecución a un axente da policía local. En El País
Neste vídeo pódese ver parte da carga policial que hoxe sufriron en Vigo os estudantes que protestaban contra a LOMCE
A Estación Espacial Internacional celebrou este 20 de novembro o seu 15 aniversario. Este xoves o picosatélite HumSat da Universidade de Vigo será lanzado ao espazo ás 8.10 da mañá
Ada Colau desvela que Felipe González a convidou a presentar en Barcelona o seu último libro, petición que rexeitou, etiquetando o comentario como #asco e #unpoquitodeporfavor, e lembrando que o ex presidente do Goberno acusou as PAH de "acosar nenos"