A Fegamp reclama que a suba do canon de Sogama se realice en varios prazos e pide máis transparencia na empresa pública. En Faro de Vigo
Fálase
Interceptan un xefe da policía autonómica conducindo un coche oficial baixo os efectos do alcol. Cóntao El País
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, e o seu antecesor, Gerardo Conde Roa, volven estar imputados por suposta persecución a un axente da policía local. En El País
Neste vídeo pódese ver parte da carga policial que hoxe sufriron en Vigo os estudantes que protestaban contra a LOMCE
A Estación Espacial Internacional celebrou este 20 de novembro o seu 15 aniversario. Este xoves o picosatélite HumSat da Universidade de Vigo será lanzado ao espazo ás 8.10 da mañá
Ada Colau desvela que Felipe González a convidou a presentar en Barcelona o seu último libro, petición que rexeitou, etiquetando o comentario como #asco e #unpoquitodeporfavor, e lembrando que o ex presidente do Goberno acusou as PAH de "acosar nenos"
Transparencia Internacional sitúa as deputacións de Ourense e Lugo como a terceira e oitava máis transparentes do Estado, con 98,8 e 92,5 puntos, respectivamente. Na súa web pódese consultar o estudo íntegro
Os antidistubios dispararon balas de goma contra os estudantes que se manifestaban contra a LOMCE en Vigo. Imaxe de @miguelceltagz
Centos de mozos saen á rúa en Galicia contra a Lomce convocados polo Sindicato de Estudantes. Cargas policiais en Vigo provocaron varios feridos e detidos, segundo denuncian asistentes ás marchas e conta Faro de Vigo. Imaxe de @EA_GZ.
Centos de avogados, funcionarios e procuradores manifestáronse hoxe ante os xulgados galegos en protesta pola Lei de Taxas, que entrou en vigor hai un ano.