O Ministerio do Interior encomendoulle a un antigo mando dos antidisturbios a reforma da Lei de Seguridade Cidadá. En El Diario
Fálase
O bosquexo da Lei de Seguridade Cidadá inclúe cuantiosas multas por alterar unha misa, segundo El Confidencial
A Fegamp reclama que a suba do canon de Sogama se realice en varios prazos e pide máis transparencia na empresa pública. En Faro de Vigo
Interceptan un xefe da policía autonómica conducindo un coche oficial baixo os efectos do alcol. Cóntao El País
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, e o seu antecesor, Gerardo Conde Roa, volven estar imputados por suposta persecución a un axente da policía local. En El País
Neste vídeo pódese ver parte da carga policial que hoxe sufriron en Vigo os estudantes que protestaban contra a LOMCE
A Estación Espacial Internacional celebrou este 20 de novembro o seu 15 aniversario. Este xoves o picosatélite HumSat da Universidade de Vigo será lanzado ao espazo ás 8.10 da mañá
Ada Colau desvela que Felipe González a convidou a presentar en Barcelona o seu último libro, petición que rexeitou, etiquetando o comentario como #asco e #unpoquitodeporfavor, e lembrando que o ex presidente do Goberno acusou as PAH de "acosar nenos"
Transparencia Internacional sitúa as deputacións de Ourense e Lugo como a terceira e oitava máis transparentes do Estado, con 98,8 e 92,5 puntos, respectivamente. Na súa web pódese consultar o estudo íntegro
Os antidistubios dispararon balas de goma contra os estudantes que se manifestaban contra a LOMCE en Vigo. Imaxe de @miguelceltagz