Winamp pechará o seu proxecto o vindeiro 20 de decembro despois de 15 anos de historia. Durante anos foi a alternativa máis estendida ao Windows Media Player.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/528dd443918a8-cierre-de-winamp-800x245.jpg)
Winamp pechará o seu proxecto o vindeiro 20 de decembro despois de 15 anos de historia. Durante anos foi a alternativa máis estendida ao Windows Media Player.
Dereitos Civís critica as cargas policiais rexistradas este mércores en Vigo, "onde os axentes non foron capaces de manter unha actitude á altura das circunstancias". A entidade sinala que "non se pode xustificar unha actuación indiscriminada e neglixente contra os participantes dunha manifestación en base a que esta foi rebentada por un grupo de 'violentos'"
Rajoy anuncia unha lei de servizos mínimos que podería limitar o dereito a folga. Así o anunciou nunha entrevista en RNE na que non descarta novos axustes.
Navantia declárase "non viable" e podería suprimir centros e cadro de persoal. Así o asegura o plan de viabilidade até 2018, segundo conta La Voz de Galicia.
Detectan que o vídeo promocional do congreso das Nuevas Generaciones do PP garda un gran parecido con outro, elaborado en 2012 pola produtora Mapa de Tramas, sobre as persoas que se dedican ao mundo da publicidade.
O Ministerio do Interior encomendoulle a un antigo mando dos antidisturbios a reforma da Lei de Seguridade Cidadá. En El Diario
O bosquexo da Lei de Seguridade Cidadá inclúe cuantiosas multas por alterar unha misa, segundo El Confidencial
A Fegamp reclama que a suba do canon de Sogama se realice en varios prazos e pide máis transparencia na empresa pública. En Faro de Vigo
Interceptan un xefe da policía autonómica conducindo un coche oficial baixo os efectos do alcol. Cóntao El País
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, e o seu antecesor, Gerardo Conde Roa, volven estar imputados por suposta persecución a un axente da policía local. En El País