O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, condenado por retirar en decembro do 2012 unhas faixas que a CIG colocara na rúa en defensa dos postos de traballo do parador de Monterrei
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/528f1295cdbf1-resize.jpg)
O alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, condenado por retirar en decembro do 2012 unhas faixas que a CIG colocara na rúa en defensa dos postos de traballo do parador de Monterrei
Pemex condiciona as súas adxudicacións a España, entre elas os floteis para os estaleiros galegos, a que Antonio Brufau abandone a presidencia de Repsol, destaca Faro de Vigo. Cos adiamentos do concurso gaña tempo para que se cumpran as súas peticións. Repsol pasa á ofensiva e denuncia a alianza con Pemex, segundo El Confidencial.
El Diario debulla como serán as primarias do PSOE. Todo apunta a que se celebrarán en outono de 2014 e os prazos do proceso non durarán menos de tres meses. Custará dous euros poder votar.
A Universidade de Vigo celebra o éxito do lanzamento do Humsat-D, que xa opera con normalidade trala súa posta en órbita. “O ocorrido hoxe confirma que o éxito acadado hai ano e medio co Xatcobeo non foi unha casualidade”, asegurou José Antonio Vilán, vicerreitor de Transferencia do Coñecemento, que avanza que o vindeiro ano lanzarase outro satélite
A Fundación FAES leva máis de medio millón de euros nunha subvención a cargo do orzamento de Cooperación Internacional. Galiza Sempre, dependente do BNG, ten unha asignación de pouco máis de 2.000 euros. Cóntao El BOE nuestro de cada día
Sete meses de cárcere para Sánchez-Gordillo e Diego Cañamero por ocupar a finca militar de Las Turquillas
AteakIreki, o medio dixital navarro que foi pechado hai uns días pola Audiencia Nacional, difunde un vídeo en galego no que explican as razóns do peche e denuncia o que considera un ataque á liberdade de expresión. Abriron un blog para recibir achegas e apoios. #AteakIrekiAurrera
O alcalde de Beade retirará o retrato de Franco do seu despacho: "eu son consciente das cousas e sei que non teño que poñer esas cousas así que estará o que teña que estar e nada máis"
Rajoy asegura non saber se as coitelas do valado de Melilla lle poden facer dano ás persoas. El Diario analízao no seu espazo Desalambre
Rajoy encarga a Báñez unha lei de servizos mínimos que limitaría os efectos das folgas. Pretende facer compatible "a folga e a liberdade", dixo o presidente do Goberno nunha entrevista.