O proxecto de crear un grupo lácteo galego fracasa de novo, conta El País. A cooperativa que se fixo coa fábrica de Pascual afunde malia o éxito das súas marcas e deixa mil gandeiros atrapados na suspensión de pagamentos
Fálase
Irmandade.tv está a retransmitir en directo o xuízo na Audiencia Nacional contra Eduardo Vigo, Roberto Rodrigues, Antom Santos e Maria Osório por presunta pertenza a unha organización terrorista. A sesión da tarde comezará ás 17 horas.
O avión que debía levar Snowden a La Habana vén de despegar de Moscova sen el. A axencia rusa Interfax publicou dúas notas consecutivas e contraditorias entre si nas que afirma que o filtrador do caso de espionaxe da Casa Branca podería coller o próximo voo a Cuba e que xa estaría fóra de Rusia.
Messi entrega a Facenda 10 millóns de euros de maneira voluntaria por dereitos de imaxe de 2010 e 2011, xusto despois de que un xulgado de Gavà (Barcelona) o imputara canda a seu pai por presuntamente teren defraudado máis de catro millóns de euros entre 2006 e 2009
O ministro de Educación, José Ignacio Wert, defende en TVE o endurecemento do acceso ás bolsas e afirma que un estudante que non sexa quen de obter unha nota media de un 6,5 para acadar unha bolsa quizais non está "ben encamiñado" e cuestiona que deba continuar os seus estudos universitarios
Ao redor de 140 mil persoas celebraron o San Xoán en nas praias de Orzán e Riazor na Coruña.
O tráfico na AP-9 cae a niveis de 2002 e perde 2.500 usuarios diarios no último ano e máis de seis mil dende 2007. Neste tempo o prezo da viaxe entre Vigo e A Coruña creceu un 22%.
Nelson Mandela continúa en estado crítico. O expresidente sudafricano leva 16 días ingresado por unha infección pulmonar.
Correa facturou centos de viaxes a La Moncloa durante o mandato de Aznar, segundo consta nuns documentos incautados pola policía e incorporados ao sumario da Gürtel.
O bispo de Donostia, José Ignacio Munilla, culpa dos "males morales" dos mozos e mozas á "exclusión" da materia de relixión