Ao redor de 140 mil persoas celebraron o San Xoán en nas praias de Orzán e Riazor na Coruña.

Ao redor de 140 mil persoas celebraron o San Xoán en nas praias de Orzán e Riazor na Coruña.
O tráfico na AP-9 cae a niveis de 2002 e perde 2.500 usuarios diarios no último ano e máis de seis mil dende 2007. Neste tempo o prezo da viaxe entre Vigo e A Coruña creceu un 22%.
Nelson Mandela continúa en estado crítico. O expresidente sudafricano leva 16 días ingresado por unha infección pulmonar.
Correa facturou centos de viaxes a La Moncloa durante o mandato de Aznar, segundo consta nuns documentos incautados pola policía e incorporados ao sumario da Gürtel.
O bispo de Donostia, José Ignacio Munilla, culpa dos "males morales" dos mozos e mozas á "exclusión" da materia de relixión
O Dépor B dá o primeiro paso para ascender a 2ªB. Derrota o conxunto malagueño de El Palo por 4-2 en Riazor na ida do play-off. O Celta B empatou na casa 0-0 ante o Arenas Getxo e terá un duro partido de volta.
Este luns comeza o xuízo contra Eduardo Vigo, Roberto Rodrigues, Antom Santos e Maria Osório por presunta pertenza a unha organización terrorista. O tema está a xerar un gran debate en medios, blogues e redes sociais. Denúnciase a ausencia de probas e a "construción dunha suposta organización terrorista que nunca puido ser demostrada".
A marea branca volve ateigar as rúas na loita pola sanidade pública.
Feijóo presume de ser "o presidente que máis se ocupou das preferentes". Nunha entrevista en El Correo Gallego, asegura que dous de cada tres afectados recuperarán o 100% dos seus aforros.
Snowden abandona Hong Kong coa axuda de Wikileaks. A organización facilita a saída do ex traballador da CIA a Rusia.