A marea branca volve ateigar as rúas na loita pola sanidade pública.
Fálase
Feijóo presume de ser "o presidente que máis se ocupou das preferentes". Nunha entrevista en El Correo Gallego, asegura que dous de cada tres afectados recuperarán o 100% dos seus aforros.
Snowden abandona Hong Kong coa axuda de Wikileaks. A organización facilita a saída do ex traballador da CIA a Rusia.
As oficinas de Novagalicia de Cuntis e Caldas aparecen empapeladas e con pintadas tras a comparecencia dos xestores das antigas caixas no Parlamento.
O Compostela vence 2-0 ao Cieza e dá un paso de xigante para volver á Segunda División B.
A deputada do PP Beatriz Escudero insiste en vincular aborto e baixa formación. "Guste ou non guste, as que máis abortan teñen baixa formación", insiste.
Afectados polas preferentes comezan unha sentada na praza do Obradoiro de Compostela. A protesta rematará cunha asemblea na que intervirán varios persoeiros da cultura. Imaxe de @redenasa.
Dilma Rousseff promete un gran pacto sobre servizos públicos tras as masivas mobilizacións no Brasil.
Xosé María Díaz Castro será o novo homenaxeado no Día das Letras Galegas en 2014.
José Luis Méndez nega malas prácticas na comercialización de preferentes en Caixa Galicia e tamén que cobrase indemnización ningunha ao xubilarse.