Afectados polas preferentes comezan unha sentada na praza do Obradoiro de Compostela. A protesta rematará cunha asemblea na que intervirán varios persoeiros da cultura. Imaxe de @redenasa.
Fálase
Dilma Rousseff promete un gran pacto sobre servizos públicos tras as masivas mobilizacións no Brasil.
Xosé María Díaz Castro será o novo homenaxeado no Día das Letras Galegas en 2014.
José Luis Méndez nega malas prácticas na comercialización de preferentes en Caixa Galicia e tamén que cobrase indemnización ningunha ao xubilarse.
O CD Lugo alcanza o capital necesario para se converter en SAD e volverá xogar a tempada que vén na Segunda División.
Imputan a cúpula da Sanidade madrileña que iniciou a súa privatización. Adiántao El Mundo.
Mauro Varela recoñece que a venda de preferentes era "a única forma de capitalizar as caixas" e pide agora que se solucione o problema para os afectados.
Finaliza a comparecencia de Julio Fernández Gayoso no Parlamento. Toda a información, nuns minutos en Praza.
Pedro Puy (PP) recoñécelle a Gayoso "un legado que o país lle debe agradecer en moitos ámbitos", pero engade que hai outro "non tan positivo".
Francisco Jorquera dille a Gayoso que a súa actuación lémbralle a un filme de Woody Allen, Coge el dinero y corre; Yolanda Díaz lémbralle que "a moita xente gustaríalle velos entrar esposados".