AlterNet, un dos máis influintes lobbies cidadáns da esquerda americana, no que se analiza a falencia do sistema neoliberal e se propoñen medidas para o control estatal e cidadán sobre a economía, reúne aquí os seus artigos.
Fálase
A bandeira republicana ondea no Concello de Donosti, gobernado por Bildu, tal e como informa Público. Imaxe de @Mrpintxo
#onosoderbi O Valladolid vence 3-0 ao Huesca e mete presión a Deportivo e Celta, que mañá disputan o derbi en Balaídos.
Cospedal confirma que o PP estuda medidas contra Conde Roa. A secretaria xeral dos populares asegura que o partido actuará contra o alcalde de Santiago, acusado de presunto delito de fraude fiscal. Se o xuíz ratifica a súa imputación, abriráselle un expediente informativo.
#onosoderbi Varios centos de afeccionados despiden o Deportivo antes de que parta cara a Pontevedra, onde pernoctará antes de desprazarse a Vigo para xogar o derbi de mañá. Imaxe de @xacobegz
O BNG convoca unha convención nacional para o 13 de maio. O portavoz nacional, Guillerme Vázquez, anunciou que a xuntanza servirá para debater o futuro do Bloque e os seus obxectivos, así como para crear unha comisión electoral que preparará o programa das autonómicas.
Esquerda Nacionalista deixa as súas siglas para "traballar" nunha nova organización nacionailsta para as vindeiras eleccións autonómicas na que "prime o proxecto e as persoas" e na que Máis Galiza "xogará un papel moi relevante".
Feijóo di que os cidadáns teñen que axudar a financiar os servizos públicos, en concreto os sistemas públicos de sanidade e educación. Segundo o presidente da Xunta, os gobernos "non teñen cartos para mantelos e pagar a débeda que lles deixaron".
Rafa Cuiña dáse de baixa no PP ao non sentirse "identificado" coa súa liña política e valora outras alternativas políticas.
#onosoderbi Varios centos de afeccionados acoden á Madroa a animar o Celta no último adestramento antes do derbio do domingo. Imaxe de @alvaro6892.