Esquerda Nacionalista deixa as súas siglas para "traballar" nunha nova organización nacionailsta para as vindeiras eleccións autonómicas na que "prime o proxecto e as persoas" e na que Máis Galiza "xogará un papel moi relevante".
Fálase
Feijóo di que os cidadáns teñen que axudar a financiar os servizos públicos, en concreto os sistemas públicos de sanidade e educación. Segundo o presidente da Xunta, os gobernos "non teñen cartos para mantelos e pagar a débeda que lles deixaron".
Rafa Cuiña dáse de baixa no PP ao non sentirse "identificado" coa súa liña política e valora outras alternativas políticas.
#onosoderbi Varios centos de afeccionados acoden á Madroa a animar o Celta no último adestramento antes do derbio do domingo. Imaxe de @alvaro6892.
O Wall Street Journal dedica un editorial a España: "Se Rajoy non quere ser rescatado, deberá tomar en serio o crecemento". A cabeceira estadounidense cre que o presidente do Goberno debería aprender máis do seu homólogo italiano, Mario Monti.
Feijóo insta ao Goberno arxentino a "meditar" tras o conflito por Repsol YPF, xa que, "o que pode ser ao principio interesante, sen dúbida a medio e longo prazo será unha equivocación histórica".
O Rei Juan Carlos, intervido cirurxicamente da súa cadeira esta madrugada, segundo informa a Casa Real. Sufriu unha fractural femoral logo dunha caída en Botswana, onde acudira cazar elefantes.
Conde Roa debe máis de sete millóns de euros, segundo un informe pericial. O alcalde de Compostela usou fondos da súa sociedade para afrontar gastos persoais. Cóntao El País Galicia.
O FMI empraza a Italia e España a manter o "rápido" ritmo das reformas. A directora xeral do organismo, Christine Lagarde, alerta de que a economía mundial está sometida a "un alto grao de inestabilidade" debido, en gran parte á crise da débeda europea.
A ONU condena o golpe de Estado en Guinné-Bissau e reclama o regreso do poder civil. En Público.