O Wall Street Journal dedica un editorial a España: "Se Rajoy non quere ser rescatado, deberá tomar en serio o crecemento". A cabeceira estadounidense cre que o presidente do Goberno debería aprender máis do seu homólogo italiano, Mario Monti.
Fálase
Feijóo insta ao Goberno arxentino a "meditar" tras o conflito por Repsol YPF, xa que, "o que pode ser ao principio interesante, sen dúbida a medio e longo prazo será unha equivocación histórica".
O Rei Juan Carlos, intervido cirurxicamente da súa cadeira esta madrugada, segundo informa a Casa Real. Sufriu unha fractural femoral logo dunha caída en Botswana, onde acudira cazar elefantes.
Conde Roa debe máis de sete millóns de euros, segundo un informe pericial. O alcalde de Compostela usou fondos da súa sociedade para afrontar gastos persoais. Cóntao El País Galicia.
O FMI empraza a Italia e España a manter o "rápido" ritmo das reformas. A directora xeral do organismo, Christine Lagarde, alerta de que a economía mundial está sometida a "un alto grao de inestabilidade" debido, en gran parte á crise da débeda europea.
A ONU condena o golpe de Estado en Guinné-Bissau e reclama o regreso do poder civil. En Público.
A ministra de Fomento, Ana Pastor, avoga por executar o máximo "posible" en 2012 nas obras da AVE galego, que volveu a defender como "prioritario", á vez que respondeu ao alcalde de Barcelona, Xavier Trias (CiU), que Galicia non é "menos que os demais".
O PPdeG confirma que expedientará a Conde Roa se o luns o xuíz Vázquez Taín ratifica no seu auto a imputación do alcalde de Santiago. Adiántao Europa Press na súa web.
José Manuel Romay Beccaría, un dos principais impulsores da carreira política de Gerardo Conde Roa, asegura en Santiago non ser "mentor político de ninguén". Antes de pronunciar unha conferencia en Compostela, di ser só "amigo" do alcalde e asegura "esperar e desexar que todo saia ben, para ben e para todos"
A atleta galega Alessandra Aguilar poderá volver competir en xuño e estará nos Xogos Olímpicos. A lucense, que dera positivo por estimulante debido a un despiste, cumprirá unha sanción de tres meses e poderá "seguir traballando para brillar en Londres".