A ONU condena o golpe de Estado en Guinné-Bissau e reclama o regreso do poder civil. En Público.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f88752610307-378939tpuhadbimagensaw350at133434780224277.jpeg)
A ONU condena o golpe de Estado en Guinné-Bissau e reclama o regreso do poder civil. En Público.
A ministra de Fomento, Ana Pastor, avoga por executar o máximo "posible" en 2012 nas obras da AVE galego, que volveu a defender como "prioritario", á vez que respondeu ao alcalde de Barcelona, Xavier Trias (CiU), que Galicia non é "menos que os demais".
O PPdeG confirma que expedientará a Conde Roa se o luns o xuíz Vázquez Taín ratifica no seu auto a imputación do alcalde de Santiago. Adiántao Europa Press na súa web.
José Manuel Romay Beccaría, un dos principais impulsores da carreira política de Gerardo Conde Roa, asegura en Santiago non ser "mentor político de ninguén". Antes de pronunciar unha conferencia en Compostela, di ser só "amigo" do alcalde e asegura "esperar e desexar que todo saia ben, para ben e para todos"
A atleta galega Alessandra Aguilar poderá volver competir en xuño e estará nos Xogos Olímpicos. A lucense, que dera positivo por estimulante debido a un despiste, cumprirá unha sanción de tres meses e poderá "seguir traballando para brillar en Londres".
O Ibex 35 anótase a maior caída do ano, ao ceder un 3,58%, e chega a mínimos de marzo de 2009. Ao peche do mercado abandonou a cota dos 7.300 puntos logo dunha xornada con moitas dúbidas sobre España, o que levou a rendibilidade do bono español a 10 anos a preto do 6%.
O beneficio das caixas de aforros caeu un 71% en 2011 e quedou en 580 millóns de euros, logo dun forte incremento das dotacións por importe de 8.300 millóns para afrontar o deterioro de activos.
Centos de gandeiros protestaron este venres fronte á Xunta para reclamar medidas ante unha situación que cualifican de "límite". Os efectos da seca, o baixo prezo do leite e o valor "inflado" de pensos e forraxe someten ao campo a unha situación de grave crise.
O secretario de Estado de Administracións Públicas, Antonio Beteta, descúlpase cos sindicatos da función pública despois de asegurar este xoves que os funcionarios tiñan que esquecer "o cafeíño e ler o xornal". En La Información
O Ibex precipítase case un 4% e perde os 7.300 puntos, coa rendibilidade do bono preto do 6%.