Centos de gandeiros protestaron este venres fronte á Xunta para reclamar medidas ante unha situación que cualifican de "límite". Os efectos da seca, o baixo prezo do leite e o valor "inflado" de pensos e forraxe someten ao campo a unha situación de grave crise.