O secretario de Estado de Administracións Públicas, Antonio Beteta, descúlpase cos sindicatos da función pública despois de asegurar este xoves que os funcionarios tiñan que esquecer "o cafeíño e ler o xornal". En La Información
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f884305b9934-5333_beteta_cafelito.jpg)
O secretario de Estado de Administracións Públicas, Antonio Beteta, descúlpase cos sindicatos da función pública despois de asegurar este xoves que os funcionarios tiñan que esquecer "o cafeíño e ler o xornal". En La Información
O Ibex precipítase case un 4% e perde os 7.300 puntos, coa rendibilidade do bono preto do 6%.
Acto de apoio á ILP en defensa da sanidade pública. A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Área de Vigo organiza un acto, presentado por Uxía Blanco, no que "o mundo da cultura, da música, do movemento veciñal, dos pacientes, do movemento feminista, da política, do sindicalismo ou das ong" mostrará o seu apoio á Iniciativa Lexislativa Popular.
A loita contra a incineradora volve mañá ao Irixo en forma de festival. Unha ducia de bandas poñeranlle música á reivindicación ao longo de toda a xornada.
O diario arxentino Página 12 interpreta o conflito en torno á filial de Repsol cunha pouco disimulada chiscadela a Rajoy
O 41,1% dos fogares galegos teñen dificultades para chegar a fin de mes no primeiro trimestre de 2012. O 6,5% ten moita dificultade e un 52,4% facilidade o moito facilidade, segundo os datos publicados polo IGE.
@AlejandroGesto sinala en Twitter que a rede corporativa da Xunta ten bloqueada unha web paródica sobre Conde Roa
#onosoderbi As webs de información do Deportivo únense ás do Celta no comunicado conxunto que pide "un derbi galego sen violencia". Os portais celtiñas e branquiazuis solicitan xuntos que o partido do domingo sexa "a festa do fútbol galego"-
O portavoz de CiU no Congreso, Josep Antoni Durán i Lleida, propón reformar a estrutura do Estado e que só conserven a autonomía Galicia, Euskadi, Catalunya e Navarra. En El Economista.
O lipdub pola lingua catalá organizado en Perpinyá bate un novo récord, con máis de 7.000 participantes. En Vilaweb.