O lipdub pola lingua catalá organizado en Perpinyá bate un novo récord, con máis de 7.000 participantes. En Vilaweb.
Fálase
Apenas unha hora antes do seu comezo o Concello de Santiago suspende a rolda de prensa de Gerardo Conde Roa, convocada a última hora de onte.
A taxa interanual do IPC galego baixa en marzo unha décima respecto á de febreiro e sitúase no 2%. No último mes, os prezos incrementáronse un 0,7% no país, igual que no conxunto de Estado.
A débeda da banca española aumenta un 49,3% e dispárase ata os 227.600 millóns de euros en marzo. A débeda das entidades españolas co BCE marca un record histórico, segundo os datos do Banco de España.
Hoxe volven as célebres Ultranoites de Chévere. Tras o peche da Sala Nasa, en Santiago, o espectáculo segue no veciño concello de Teo. En Rede Nasa.
Exteriores convoca o embaixador arxentino en Madrid. A intención é protestar polos plans do Goberno austral de nacionalizar a petroleira YPF, propiedade da española Repsol.
O director Xavier Durringer leva ao cinema as controvertidas maneiras do presidente francés e candidato á reelección, Nicolas Sarkozy, no seu ascenso ao poder. En Público
#onosoderbi Sen precedentes. Unhas 700 persoas velarán pola seguridade no encontro do domingo, declarado de alto risco. Os 3.000 deportivistas que acudirán a Vigo chegarán á cidade en diversos medios de transporte, o que complica a coordinación das forzas de seguridade.
TVE gastou 9 millóns de euros en retransmitir programas taurinos durante catro anos. Cóntao El Correo.
The New York Times dedica un editorial a España e critica as medidas económicas adoptadas polo Goberno: "Sen unha boa solución para cadrar as contas, Rajoy propuxo moitas malas".