O director Xavier Durringer leva ao cinema as controvertidas maneiras do presidente francés e candidato á reelección, Nicolas Sarkozy, no seu ascenso ao poder. En Público
Fálase
#onosoderbi Sen precedentes. Unhas 700 persoas velarán pola seguridade no encontro do domingo, declarado de alto risco. Os 3.000 deportivistas que acudirán a Vigo chegarán á cidade en diversos medios de transporte, o que complica a coordinación das forzas de seguridade.
TVE gastou 9 millóns de euros en retransmitir programas taurinos durante catro anos. Cóntao El Correo.
The New York Times dedica un editorial a España e critica as medidas económicas adoptadas polo Goberno: "Sen unha boa solución para cadrar as contas, Rajoy propuxo moitas malas".
La 2 de TVE estreou onte o programa La Nube, centrado en Internet e que emite un treito en televisión e outro só en streaming. A primeira emisión foi trending topic en Twitter pero apenas logrou un 2,2% de cota de pantalla. No blog TeleDiaria, de La Información.
Os anunciantes dan por feito a volta da publicidade a RTVE, segundo conta El Economista. A fusión de Antena 3 e La Sexta e o temor a un duopolio fai pensar ás axencias de publicidade que se elevarán os prezos, ademais de agoirar máis recortes no medio público.
O IPC subiu un 0,7% o pasado mes de marzo en relación ao mes anterior por mor, principalmente, do encarecemento das gasolinas e do vestido e calzado. A taxa interanual sitúase no 1,9%, unha décima inferior á de febreiro e a máis baixa desde agosto de 2010, segundo datos do INE.
A CIG recolle na súa web detalles e imaxes das concentracións coas que onte rexeitou a aprobación da reforma laboral. Milleiros de persoas convocadas pola CIG volven rexeitar nas rúas do país a reforma laboral do PP
Unha nova promesa electoral incumprida? La Información adianta que o Goberno central traballa xa nunha suba do IVE
O Goberno arxentino anunciou onte a nacionalización da petroleira YPF, filial de Repsol. A prensa da Arxentina recolle hoxe a reacción do Executivo español e as duras advertencias do ministro de Industria, José Manuel Soria. En Clarín.