O Goberno arxentino anunciou onte a nacionalización da petroleira YPF, filial de Repsol. A prensa da Arxentina recolle hoxe a reacción do Executivo español e as duras advertencias do ministro de Industria, José Manuel Soria. En Clarín.
Fálase
O alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, convocou no serán de onte unha rolda de prensa para este mediodía ás 13:00, por sorpresa e fóra da axenda oficial. Contarémosvos todo o que dea de si en Praza.
Corea do Norte lanzou esta noite, hora galega, o seu controvertido foguete. As primeiras informacións sinalan que caeu ao mar. En El País.
Ás 20:00 comeza a maior parte das concentracións que a CIG convocou para esta tarde nas principais cidades galegas como rexeitamento á aprobación da reforma laboral. Lugares e horarios.
O ministro de Industria, José Manuel Soria, ameaza a Arxentina: "A hostilidade con Repsol traerá consecuencias". Até o momento seis provincias arxentinas retiraron xa unha ducia de licencias a Repsol-YPF, o que está afundindo o seu valor na bolsa de Bos Aires. A presidenta de Arxentina, Cristina Fernández, pode anunciar este xoves a intervención do Estado na compañía, que se convertería nunha empresa mixta público-privada.
O PP veta que ERC represente o Grupo Mixto na Comisión de Segredos Oficiais do Congreso, a pesar de que os republicanos contaban co apoio de case todos os grupos políticos da cámara, incluído o PSOE. Os populares fixeron valer a súa maioría absoluta
Os presos de ETA elixen un grupo de seis representantes que piden manter un "contacto" co Goberno central. "Respectando os nosos dereitos básicos, Madrid e París téñennos listos para falar e dar pasos", din.
O PP tomba as cinco alternativas á reforma laboral co apoio de CiU. As emendas á totalidade presentadas por PSOE, IU-ICV-CHA, UPyD, ERC e BNG foron rexeitadas polos populares.
Rajoy descarta que España sexa intervida. O presidente do Goberno pediu "actuar con prudencia, responsabilidade, sensatez e sentido común para non xerar alarmas".
#onosoderbi Os medios e peñas dixitais que seguen o Celta piden "un derbi sen violencia" e emiten un comunicado conxunto na procura de que o partido do domingo sexa "a festa do fútbol galego".