Ás 20:00 comeza a maior parte das concentracións que a CIG convocou para esta tarde nas principais cidades galegas como rexeitamento á aprobación da reforma laboral. Lugares e horarios.
Fálase
O ministro de Industria, José Manuel Soria, ameaza a Arxentina: "A hostilidade con Repsol traerá consecuencias". Até o momento seis provincias arxentinas retiraron xa unha ducia de licencias a Repsol-YPF, o que está afundindo o seu valor na bolsa de Bos Aires. A presidenta de Arxentina, Cristina Fernández, pode anunciar este xoves a intervención do Estado na compañía, que se convertería nunha empresa mixta público-privada.
O PP veta que ERC represente o Grupo Mixto na Comisión de Segredos Oficiais do Congreso, a pesar de que os republicanos contaban co apoio de case todos os grupos políticos da cámara, incluído o PSOE. Os populares fixeron valer a súa maioría absoluta
Os presos de ETA elixen un grupo de seis representantes que piden manter un "contacto" co Goberno central. "Respectando os nosos dereitos básicos, Madrid e París téñennos listos para falar e dar pasos", din.
O PP tomba as cinco alternativas á reforma laboral co apoio de CiU. As emendas á totalidade presentadas por PSOE, IU-ICV-CHA, UPyD, ERC e BNG foron rexeitadas polos populares.
Rajoy descarta que España sexa intervida. O presidente do Goberno pediu "actuar con prudencia, responsabilidade, sensatez e sentido común para non xerar alarmas".
#onosoderbi Os medios e peñas dixitais que seguen o Celta piden "un derbi sen violencia" e emiten un comunicado conxunto na procura de que o partido do domingo sexa "a festa do fútbol galego".
#onosoderbi Preocupación pola seguridade na previa do Celta-Deportivo. Os afeccionados coruñeses que viaxan en tren terán que percorrer a pé os varios quilómetros que separan a estación do estadio. Serán escoltados pola Policía.
Conde Roa, en declaracións á SER, di estar "moi tranquilo" tras declarar ante o xuíz e di non sentirse "presionado" pola dirección do PPdeG. Preguntado polas "consecuencias políticas" do seu caso, descarta "adiantarse ao futuro" e subliña que non cometeu delito ningún.
O alcalde de Santiago xa está imputado oficialmente por unha presunta fraude fiscal. Gerardo Conde Roa insiste, non obstante, en que non cometeu ningún delito.