#onosoderbi Preocupación pola seguridade na previa do Celta-Deportivo. Os afeccionados coruñeses que viaxan en tren terán que percorrer a pé os varios quilómetros que separan a estación do estadio. Serán escoltados pola Policía.
Fálase
Conde Roa, en declaracións á SER, di estar "moi tranquilo" tras declarar ante o xuíz e di non sentirse "presionado" pola dirección do PPdeG. Preguntado polas "consecuencias políticas" do seu caso, descarta "adiantarse ao futuro" e subliña que non cometeu delito ningún.
O alcalde de Santiago xa está imputado oficialmente por unha presunta fraude fiscal. Gerardo Conde Roa insiste, non obstante, en que non cometeu ningún delito.
#onosoderbi O libro solidario Relatos sobre el derbi Celta-Depor preséntase esta mañá en Vigo coa presenza do capitán celtiña, Borja Oubiña. Pola tarde será a presentación na Coruña, onde estará Valerón. Imaxe de @RaulVillares
Rodolfo Ares, consejero de Interios do Goberno vasco, anuncia que os ertzainas lucirán número de identificación e terán restrinxido o uso de escopetas lanzapelotas de goma
Cospedal non descarta o copago sanitario por consulta. A secretaria xeral do PP amósase partidaria de implantar o pago de medicamentos en función da renda e non se mostra contraria ao copagamento na visita ao médico, aínda que aclara que é unha decisión que debe ser tomada polos responsables de Sanidade.
O Concello de Santiago impide que a rolda de prensa do Grupo Municipal do BNG co cómico Leo Bassi se celebre na sala de prensa da casa consistorial. A comparecencia trasladouse ás instalacións do Bloque no Pazo de Raxoi.
España superará os 5,6 millóns de parados no primeiro trimestre do ano. Segundo a Enquisa de Poboación Activa (EPA), os tres primeiros meses acumularán 394.000 parados máis, o que elevará a taxa ao 24,6%, outra cifra record segundo as previsións de Analistas Financieros Internacionais (Afi) e a patronal de grandes empresas de traballo temporal (Agett).
Pódese seguir en directo na páxina do Festiclown a actuación de Leo Bassi na Praza do Obradoiro
Esta mañá o alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, declara perante o xuíz Vázquez Taín para dar conta da súa presunta fraude fiscal. O cómico Leo Bassi, que 'actúa' antes no propio Concello, ofrece "taxis" aos cidadáns que queiran desprazarse aos xulgados.