O 41,1% dos fogares galegos teñen dificultades para chegar a fin de mes no primeiro trimestre de 2012. O 6,5% ten moita dificultade e un 52,4% facilidade o moito facilidade, segundo os datos publicados polo IGE.
Fálase
@AlejandroGesto sinala en Twitter que a rede corporativa da Xunta ten bloqueada unha web paródica sobre Conde Roa
#onosoderbi As webs de información do Deportivo únense ás do Celta no comunicado conxunto que pide "un derbi galego sen violencia". Os portais celtiñas e branquiazuis solicitan xuntos que o partido do domingo sexa "a festa do fútbol galego"-
O portavoz de CiU no Congreso, Josep Antoni Durán i Lleida, propón reformar a estrutura do Estado e que só conserven a autonomía Galicia, Euskadi, Catalunya e Navarra. En El Economista.
O lipdub pola lingua catalá organizado en Perpinyá bate un novo récord, con máis de 7.000 participantes. En Vilaweb.
Apenas unha hora antes do seu comezo o Concello de Santiago suspende a rolda de prensa de Gerardo Conde Roa, convocada a última hora de onte.
A taxa interanual do IPC galego baixa en marzo unha décima respecto á de febreiro e sitúase no 2%. No último mes, os prezos incrementáronse un 0,7% no país, igual que no conxunto de Estado.
A débeda da banca española aumenta un 49,3% e dispárase ata os 227.600 millóns de euros en marzo. A débeda das entidades españolas co BCE marca un record histórico, segundo os datos do Banco de España.
Hoxe volven as célebres Ultranoites de Chévere. Tras o peche da Sala Nasa, en Santiago, o espectáculo segue no veciño concello de Teo. En Rede Nasa.
Exteriores convoca o embaixador arxentino en Madrid. A intención é protestar polos plans do Goberno austral de nacionalizar a petroleira YPF, propiedade da española Repsol.