#SOSFragasdoEume A Xunta mantén a cifra de hectáreas queimadas e que o perímetro está "controlado"
Fálase
#SOSFragasdoEume A Xunta podería dar por controlado totalmente o incendio durante esta mañá, segundo aseguraron varios axentes forestais á Radio Galega.
#SOSFragasdoEume Novo comunicado oficial da Xunta. Varían as cifras do incendio máis pequeno e a suma sitúase agora en 780 hectáreas queimadas. Seguen sen mencionarse as Fragas do Eume na información do Goberno galego. Podedes consultalo aquí.
#SOSFragasdoEume Antes das concentracións convocadas pola tarde, mañá haberá outra "en repulsa aos actos vandálicos". Será diante da casa do Concello de Monfero e conta co aval da Xunta. Contámosvolo nuns minutos en Praza.
#SOSFragasdoEume Un dos bombeiros florestais (@briflaza) dependentes do Ministerio de Agricultura que traballan no incendio amosa o esgotamento da súa brigada tras ser substituída por outra chegada dende Estremadura.
#SOSFragasdoEume A conselleira do Mar di en Europa Press que a oposición debe ser "responsable" e lembrar que "o inimigo é o lume". Comparecerá no Parlamento.
#SOSFragasdoEume A Radio Galega confirma o reavivamento das lapas no entorno do mosteiro de Caaveiro e na parroquia da Ribeira. O incendio xa está nas Pontes.
#SOSFragasdoEume A Xunta matiza, catro horas e media despois, o estado de "control" do incendio
#SOSFragasdoEume Os helicópteros de extinción tentan que o lume non queime o mosteiro de Caaveiro, que conseguiran salvar pola mañá
#SOSFragasdoEume Novo incendio na zona, pero no Concello das Pontes. Adiántao Europa Press. Non hai novos datos da Xunta dende as 14:00.