UGT advirte de que eliminar os 400 euros provocará revoltas en España. "A xente non pasará fame mentres os estantes dos supermercados estean cheos", asegura o secretario xeral de UGT-Catalunya.
Fálase
Stiglitz pide a Europa que aprenda do 'corralito' arxentino e abandone a austeridade. O premio Nobel cre que as políticas da UE agravan a recesión.
O Defensor do Pobo vasco pide a liberdade condicional do secuestrador de Ortega Lara. Máis dun cento de etarras secundan unha folga de fame para pedir a excarceración de Iosu Uribetxebarria, enfermo de cancro.
A débeda da banca española co BCE aumenta un 11,4% en xullo, até o récord de 375.549 millóns de euros.
Extinguido o incendio do Barco logo de queimar 1.600 hectáreas, segundo informa a Consellería de Medio Rural. Nos vindeiros días coñecerase a cifra definitiva de superficie afectada.
Os prezos baxan cinco décimas en xullo en Galicia. A taxa interanual sitúase no 2%.
Un antiabortista será o encargado de redactar o fallo do Constitucional sobre a lei do aborto, segundo conta El País. Andrés Ollero é membro do Opus Dei e ex deputado do PP.
Un fotógrafo do Diario de Pontevedra, agredido e detido pola Policía, segundo denuncian Ponte.tv e Diario de Pontevedra. Rafa Estévez cubría a chegada dos deportistas olímpicos galegos ao aeroporto de Peinador.
Feijóo discute cun policía portugués que lle puxo unha multa por exceso de velocidade. Durante unha viaxe privada a Póvoa de Varzim, segundo conta La Regió en recolle tamén El Mundo.
Cañete recoñece que o recorte en prevención de incendios está "afectando nalgunhas comunidades". O ministro de Agricultura xustifica a súa presenza nos touros durante os lumes a que o enviou Presidencia "para acompañar o Rei".