Unha iniciativa artística reivindica hoxe a "dignidade" de Ferrolterra ao son da Radio Buguina
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/51aafdd433f9c-51a0e1a99fe51-captura.jpg)
Unha iniciativa artística reivindica hoxe a "dignidade" de Ferrolterra ao son da Radio Buguina
Finalizan os partidos na Coruña e en Vigo. O Celta permanecerá un ano máis na Primeira división tras vencer 1-0 ante o Espanyol. O Deportivo da Coruña descende á Segunda tras caer 0-1 no seu encontro coa Real Sociedade.
O Racing de Ferrol derrota o Laudio por 1-0 e consuma, tres anos despois, o ascenso á Segunda B. O Compostela, pola súa banda, pasa á seguinte rolda do play off.
Senllas mareas de siareiros e siareiras veñen de recibir o Deportivo e o Celta en Riazor e Balaídos. As afeccións coruñesa e viguesa levan toda a tarde nas inmediacións de cadanseus estadios en apoio aos equipos, que dende as 21:00 xogan a permanencia na Primeira conta Real Sociedad e Espanyol.
As protestas contra a troika sacan milleiros de persoas ás rúas de Portugal, segundo informa o Jornal de Notícias. A información das manifestacións en Galicia, este serán en Praza.
O Ministerio de Defensa gasta 600.000 euros ao ano en manter os cabalos da Garda Real, cuxa finalidade é meramente ornamental. Cóntao El Diario.
Lugo acolleu tamén este mediodía a manifestación dos "pobos unidos contra a troika". Para a tarde quedan as da Coruña, Compostela e Ourense. (foto: @LucasCondeGZ)
O congreso de UGT Galicia reelixiu esta mañá a José Antonio Gómez como secretario xeral
Xa se desenvolven en Galicia as primeiras manifestacións contra a Troika. Na imaxe, a de Vigo. Toda a información, hoxe en Praza. (foto: @EA_GZ)
O Concello de Santiago denégalle á plataforma ContraMINAacción o enganche eléctrico para remate da manifestación contra a megaminaría que se celebra mañá. Vén de revelalo Anova.