O Concello de Santiago denégalle á plataforma ContraMINAacción o enganche eléctrico para remate da manifestación contra a megaminaría que se celebra mañá. Vén de revelalo Anova.
Fálase
Ademais das manifestacións contra a troika, hoxe está convocada tamén unha mobilización, dende Pontevedra e Marín, contra a permanencia de ENCE na ría
Deportivo e Celta xogan hoxe a súa permanencia na Primeira división dende as nove da noite. As afeccións de ambos equipos están citadas varias horas antes para animar os seus e recibilos en Riazor e Balaídos.
O Ministerio de Facenda insta os responsables da Axencia Tributaria a non acusar a infanta Cristina de delitos fiscais, segundo informa El Diario
A CGENDL concédelle o premio Leixaprén a Javier Gómez Noya pola súa "defensa e promoción da lingua galega".
O persoal de RNE crítico coa actual liña da cadea alerta de que a dirección empeza a pedir "explicacións" aos traballadores e traballadoras que reclamaron publicamente a "independencia" informativa da radio estatal
O xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz reclama coñecer as contas do PP galego entre 1997 e 1999. O maxistrado investiga os coñecidos como papeis de Bárcenas e a posibilidade de que os conservadores se financiasen irregularmente. En El Diario
Un xuíz obriga a Novagalicia a devolver 550.000 euros a un preferentista, a maior contía até o día de hoxe. Declárase nulo o contrato por mala información e abuso de confianza.
O Banco de España reclama que se poida contratar por baixo do salario mínimo. O seu gobernador, Luis María Linde, ganou máis de 80.000 euros en seis meses de mandato. En El Diario
O Club Deportivo Lugo confirma que Quique Setién será un ano máis o adestrador do equipo, que vén de certificar a súa permanencia na Segunda división.