O Club Deportivo Lugo confirma que Quique Setién será un ano máis o adestrador do equipo, que vén de certificar a súa permanencia na Segunda división.
Fálase
O Banco de España propón suprimir o salario mínimo para algúns traballadores e contratar fóra de convenio.
Alberto Núñez Feijóo é apupado ao intervir no congreso da UGT Galicia, segundo detallan xornalistas que cobren o acto.
Investigadores e investigadoras de Portugal, Irlanda, Grecia, Italia e España desenvolven un estudo para coñecer as razóns polas que emigra a súa poboación e onde se dirixe. Cóntao o xornal portugués Público
Rosa Díez proclama que non ten que "pedir permiso" para vir a Galicia porque aquí está "na súa terra". Maniféstao nunha entrevista en La Voz, na que tamén evita as desculpas polas seu cualificativo "galego no sentido pexorativo da palabra", que dirixira a Zapatero.
Interceptan antes de chegar a Galicia un barco con 3.000 quilos de cocaína. A operación contra o narcotráfico inclúe xa a detención de dez persoas, segundo informa Diario de Arousa
Apupos e asubíos para os príncipes de Asturias na Ópera de Barcelona. O público do Liceu recibiunos con claros signos de reprobación.
Vén de comezar en Compostela o congreso de UGT Galicia, no que se renovarán os cargos e liñas de acción do sindicato.
Expertos de Facenda exixen eliminar impostos aos que sofren desafiuzamentos. Un informe pide acabar coa factura fiscal dos afectados.
O Goberno segue os pasos de Baltasar Garzón nas súas viaxes ao estranxeiro, segundo conta El Diario. O Goberno recibe información sobre a estadía do ex xuíz en Nicaragua.