Interceptan antes de chegar a Galicia un barco con 3.000 quilos de cocaína. A operación contra o narcotráfico inclúe xa a detención de dez persoas, segundo informa Diario de Arousa
Fálase
Apupos e asubíos para os príncipes de Asturias na Ópera de Barcelona. O público do Liceu recibiunos con claros signos de reprobación.
Vén de comezar en Compostela o congreso de UGT Galicia, no que se renovarán os cargos e liñas de acción do sindicato.
Expertos de Facenda exixen eliminar impostos aos que sofren desafiuzamentos. Un informe pide acabar coa factura fiscal dos afectados.
O Goberno segue os pasos de Baltasar Garzón nas súas viaxes ao estranxeiro, segundo conta El Diario. O Goberno recibe información sobre a estadía do ex xuíz en Nicaragua.
A asociación Derecho a vivir eloxia o ditame xudicial que, en El Salvador, impide que unha moza aborte aínda que o parto vaia provocar a súa morte e o feto sexa inviable.
Operarios do naval irrompen na casa do Concello de Ferrol, onde se celebra sesión plenaria, e increpan os edís do PP polas súas "mentiras" (foto: @BeatrizSestayoD)
A Axencia Tributaria desvela que a trama Gürtel lle pagou unha viaxe a Disneyland París á actual ministra de Sanidade, Ana Mato. É unha información da Cadena SER.
Medios coma o ABC fanse eco dunha nova falsa publicada nun medio satírico dos EEUU. Gina Rinehart, a muller máis rica do mundo, tería proposto a esterilización das persoas pobres.
A UE pecha un acordo para reformar a política pesqueira e prevé acabar cos descartes a longo prazo.