A Axencia Tributaria desvela que a trama Gürtel lle pagou unha viaxe a Disneyland París á actual ministra de Sanidade, Ana Mato. É unha información da Cadena SER.
Fálase
Medios coma o ABC fanse eco dunha nova falsa publicada nun medio satírico dos EEUU. Gina Rinehart, a muller máis rica do mundo, tería proposto a esterilización das persoas pobres.
A UE pecha un acordo para reformar a política pesqueira e prevé acabar cos descartes a longo prazo.
Polémica por un novo erro lingüístico nunha campaña da Xunta para promocionar a gastronomía mariñeira. O lema elixido, Cómete o mar, debería ser en realidade Come o mar.
#consellodaxunta Feijóo di descoñecer o pagamento que Pablo Crespo, ex secretario de organización do PPdeG e presunto membro da trama Gürtel, recoñeceu ao ex tesoureiro do PP. "En 1999 non militaba no PP".
A Xunta achegará a Pescanova "o 7% do préstamo inmediato que necesita para a recuperación da liquidez" e que está fixado en 55 millóns de euros. Serán uns 4 millóns de euros, segundo vén de anunciar Feijóo no #consellodaxunta. Máis información, esta tarde en Praza.
#consellodaxunta Feijóo confirma que vai convocar os ex presidentes da Xunta a unha reunión para "aproveitar" as súas "ideas" para "axudar" a Galicia e que "o presidente asuma a obriga de escoitalos".
#consellodaxunta A Xunta creará varias aplicacións para móbiles con varios dos seus servizos. Unha delas permitirá acceder ao Diario Oficial de Galicia.
#consellodaxunta Úrsula Heinze, a Coral de Ruada, Hilda Rodríguez, a cervexeira Estrella Galicia, Carlos Núñez e The Chieftains recibirán a Medalla Castelao en 2013
#consellodaxunta Feijóo di que o Consello "abordou" a situación de Pescanova. "A Xunta seguiu a evolución deste asunto con prudencia e comprometeu o seu apoio dende o principio", afirma. O Goberno ten "disposición" a "facer unha achega económica que permita a constitución do préstamo necesario para dar resposta ás súas necesidades de liquidez inmediatas".