#consellodaxunta Feijóo di que o Consello "abordou" a situación de Pescanova. "A Xunta seguiu a evolución deste asunto con prudencia e comprometeu o seu apoio dende o principio", afirma. O Goberno ten "disposición" a "facer unha achega económica que permita a constitución do préstamo necesario para dar resposta ás súas necesidades de liquidez inmediatas".
Fálase
#consellodaxunta O Consello aproba o plan contra os incendios para o ano 2013. O novo Pladiga contempla "7.000 persoas" no dispositivo de extinción, di Feijóo.
Tráfico resolve que unha condutora que se negou a pagar na AP-9 tras sufrir unha retención non debe ser sancionada. Cóntao Pontevedra Viva
Persoal de Navantia maniféstase esta mañá novamente por Ferrol para reclamar carta de traballo para o estaleiro (foto: @maria_panblanco)
O PIB galego cae un 0,4% no primeiro trimestre. O descenso é do 1,7% en termos interanuais.
A Defensora del Pueblo, Soledad Becerril, será recibida este mediodía por Feijóo. Acábao de anunciar a Xunta nunha convocatoria só para xornalistas gráficos, na que non caben preguntas.
Hoxe hai 112 anos os obreiros da empresa de consumos da Coruña iniciaban unha folga que rematou con oito mortos e dando lugar á primeira folga xeral de Galicia. Un monumento no cemiterio de Santo Amaro lembra os falecidos.
O DOG publica hoxe a prórroga na vixencia dos libros de texto, de 4 a 6 anos. Esta medida da Xunta estará condicionada pola entrada en vigor da Lei Wert.
Fernández de Sousa cre que "non procede" que el volva "á primeira liña de Pescanova". Nunha entrevista en Cinco Días, defende a viabilidade da empresa e critica a actuación da CNMV.
A folga xeral en Euskadi e Navarra, convocada polos sindicatos nacionalistas, arranca sen incidentes. As centrais falan de "amplo seguimento".