Fernández de Sousa cre que "non procede" que el volva "á primeira liña de Pescanova". Nunha entrevista en Cinco Días, defende a viabilidade da empresa e critica a actuación da CNMV.
Fálase
A folga xeral en Euskadi e Navarra, convocada polos sindicatos nacionalistas, arranca sen incidentes. As centrais falan de "amplo seguimento".
A Plataforma Galega pola Defensa do Dereito ao Aborto concentrarase este xoves ás sete da tarde ante o Pazo de Raxoi coincidindo coa proposta que se vai presentar no Concello de Compostela contra a modificación da lei do aborto.
O FROB fixará as quitas ás preferentes a semana que vén e o canxe será entre o 17 e o 28 de xuño, segundo anunciou onte a presidenta da CNMV.
Público entrevista o xuíz Baltasar Garzón en Bos Aires, tras declarar ante a maxistrada arxentina que leva a causa polos crimes do franquismo. Afirma que "a proposta da Transición quedou vella" e que "queda aberta unha ferida. Ninguén pediu perdón en España dende os ámbitos oficiais"
O prezo dos carburantes en España subiu dende xaneiro sete veces máis que na UE.
Baróns do PSOE mobilízanse para “convencer” a Rubalcaba de que adelante as primarias. Andalucía mantén en cambio a súa posición orixinal e cre que as primarias deben ser despois das europeas.
O BNG chama a secundar masivamente as manifestacións contra a troika que esta fin de semana celebraranse en cinco cidades galegas.
A Unión Europea investiga o primeiro ministro portugués, Pedro Passos Coelho, por unha suposta fraude no financiamento da empresa Tecnoforma e da ONG Centro Português para a Cooperação con fondos comunitarios, entidades que foron dirixidas por Passos Coelho.
A CNMV expedienta nove bancos pola comercialización de preferentes. Detecta infraccións en máis de 6.000 millóns de euros nestes produtos.