A Plataforma Galega pola Defensa do Dereito ao Aborto concentrarase este xoves ás sete da tarde ante o Pazo de Raxoi coincidindo coa proposta que se vai presentar no Concello de Compostela contra a modificación da lei do aborto.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/51a6f02e7627d-captura.jpg)
A Plataforma Galega pola Defensa do Dereito ao Aborto concentrarase este xoves ás sete da tarde ante o Pazo de Raxoi coincidindo coa proposta que se vai presentar no Concello de Compostela contra a modificación da lei do aborto.
O FROB fixará as quitas ás preferentes a semana que vén e o canxe será entre o 17 e o 28 de xuño, segundo anunciou onte a presidenta da CNMV.
Público entrevista o xuíz Baltasar Garzón en Bos Aires, tras declarar ante a maxistrada arxentina que leva a causa polos crimes do franquismo. Afirma que "a proposta da Transición quedou vella" e que "queda aberta unha ferida. Ninguén pediu perdón en España dende os ámbitos oficiais"
O prezo dos carburantes en España subiu dende xaneiro sete veces máis que na UE.
Baróns do PSOE mobilízanse para “convencer” a Rubalcaba de que adelante as primarias. Andalucía mantén en cambio a súa posición orixinal e cre que as primarias deben ser despois das europeas.
O BNG chama a secundar masivamente as manifestacións contra a troika que esta fin de semana celebraranse en cinco cidades galegas.
A Unión Europea investiga o primeiro ministro portugués, Pedro Passos Coelho, por unha suposta fraude no financiamento da empresa Tecnoforma e da ONG Centro Português para a Cooperação con fondos comunitarios, entidades que foron dirixidas por Passos Coelho.
A CNMV expedienta nove bancos pola comercialización de preferentes. Detecta infraccións en máis de 6.000 millóns de euros nestes produtos.
Arquivada a denuncia do presidente de Madrid, Ignacio González, contra a xornalista da SER Pilar Velasco que demostrou que o político estivo a ser espiado.
A Editorial La Capital aplicará un ERE temporal en El Ideal Gallego, DxT Campeón, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños. O ERE afectará a doce ou trece xornadas de traballo ao mes durante un ano. O Colexio de Xornalistas vén de manifestar o seu "malestar".