Raquel Arias tamén aspirará á presidencia do PP de Lugo xunto a Elena Candia logo da marcha anunciada de Barreiro.
Fálase
Telefónica pon en marcha a fichaxe de Trinidad Jiménez, segundo conta El Mundo. González e Zapatero apoiarían a entrada da ex ministra na compañía.
O pleno de Ourense vota nuns minutos se reproba o alcalde, Jesús Vázquez, logo da iniciativa de Democracia Orensana, cuxa aprobación dependería do apoio do PSOE. Pódese seguir aquí.
O emprego en B sobe un 17% en Galicia en 2015, ata case 86.400 postos de traballo. O país ten 946.122 afiliados, fronte aos 1.032.000 que din estar ocupados segundo a EPA.
Inspeccionados case 150 camións na fronteira portuguesa pola entrada de 'leite negro'. A Policía Autonómica puxo 75 denuncias desde o verán logo de intensificar os controis.
Albert Rivera di apoiar a petición de prisión para os actores de monicreques e o PSOE di que se axusta á lei.
Un quimiqueiro avariado diríxese a Fisterra escoltado. Arranxará na costa galega o problema, segundo adianta a Radio Galega.
Barreiro ve en Feijóo o "principal activo" do PPdeG pero defende que hai alternativa. O voceiro dos populares no Senado pide explicacións "claras" a Rita Barberá.
Galicia ten a poboación activa máis baixa da última década. Perdeu 76.000 durante a crise polo retorno de inmigrantes e a nova emigración de xente nova.
O PP denunciará a concelleira de Cultura de Madrid por "colaboración no enaltecemento do terrorismo". Considera que cometeu un delito pola obra de monicreques que luciu unha pancarta de Gora Alka-Eta.